XABARIL CORUÑA
José Pereira Ramos gaña co seu can “Turbo” o Campionato Provincial de A Coruña de Rastro de Xabaril
14/6/2010

O pasado 12 de xuño tiña lugar no Tecor da Sociedade “Coto do Barro” en Boimorto, o Campionato Provincial de A Coruña Cans de Rastro de Xabaril, que organizaba a Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade de Caza “Coto do Barro”.

Participan un total de 44 cans pertencentes a 39 monteiros. Rematada a proba era José Pereira Ramos con “Turbo” o que acadaba a victoria con 213,5 puntos e se proclamaba Campión Provincial.  Segundo clasificado era José Yáñez Castro quen con “Ron” acadaba 209 puntos na proba. O terceiro posto do podio era para Generoso Aragunde Abalo con “sofi” que remataba a proba con 208 puntos.

Pos Participante Can (Raza/Sexo) Puntos
José Pereira Ramos Turbo (Mestizo, M) 213,5
José Yáñez Castro Ron (Griffon, M) 209
Generoso Aragunde Abalo Sofi (Griffon Azul, F) 208
José M. Barreiro Rivadas Brus (Sabueso, M) 208
José M. Fuentes Segade Oiran (Mestizo, M) 188,5