SAN HUBERTO OURENSE
DispĂștanse en Xinzo de Limia o Campionato Provincial de Ourense de San Huberto e a Copa Galicia de Ourense de Cans de Parada
18/6/2010

Os pasados 12 e 13 de xuño tiñan lugar no Tecor da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia o Campionato Provincial de Ourense de San Huberto e a Copa Galicia de Ourense de Cans de Parada, organizados pola Federación Galega de Caza en Ourense en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia.

O sábado 12 disputábase a Copa Galicia de Ourense de Cans de Parada, onde participaban un total de 14 cans: 5 de razas continentais e 10 de razas británicas. Ao remate da proba só Andrés Sánchez Fernández co seu SIM “Sadam” conseguía puntuar cunha calificación de Bo, sendo polo tanto o campión na categoría de razas británicas

Pos Participante Can (Raza/Sexo) Puntos
Andrés Sánchez Fernández Sadam (SIM) 10

 

 

O domingo 13 disputábase o Campionato Provincial de Ourense de San Huberto, onde participaban un total de 12 cazadores. O gañador da proba e Campión Provincial era José M. Rodríguez Martínez quen co seu SIM “Ful” acadaba 67 puntos. Segundo clasificado era o participante zamorano José A. Del Rio con “Star” (EBH) con 65 puntos. O terceiro clasificado, segundo provincial, era Eliseo Faraldo Fernández con “Ario” (PM) que remataba a proba con 63 puntos.

Pos Participante Can (Raza/Sexo) Puntos
José M. Rodríguez Martínez Ful (SIM) 67
José A. Del Rio Star (EBH) 65
Eliseo Faraldo Fernández Ario (PM) 63
Manuel De la Iglesia Irbis (BAM) 50
Andrés Sánchez Fernández Sadam (SIM) 45