SAN HUBERTO CORUÑA
Álvaro Suárez Mera e Cristina Sanmartín Porca gañan en Mazaricos o Campionato Provincial de A Coruña de San Huberto
19/7/2010

O pasado 10 de xullo tiña lugar no Tecor de Mazaricos o Campionato Provincial de A Coruña de San Huberto que organizaba a Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade de Caza “El Halcón” de Mazaricos.

En categoría masculina o gañador era Álvaro Suárez Mera con “Pul de Caaveiro” (SIM) que acadaba 54 puntos.  Segundo no podio era Eloy Rodríguez Martínez con “Twist” (SIM) que acadaba 52 puntos, os mesmos que o terceiro clasificado, Rubén Boquete Varela, con seu can “Acio de Pasarín” (SIM).

Na categoría de damas era Cristina Sanmartín Porca a gañadora con “Fa da Chousa” (PH) que remataba a proba con 59 puntos. Segunda clasificada foi Nicolasa González Carrodeguas con “Halo de Caaveiro” (DDH) que acadaba 54 puntos. O terceiro posto nesta categoría era para Sandra Rodríguez Rego con “Piti” (SIM) e 49 puntos.

Na categoría de springer o vencedor era Eloy Rodríguez Rego con “Unclesain de los Tres Robles” que acadaba 38 puntos.

Pos Participante Can (Raza / Sexo) Puntos
Álvaro Suárez Mera Pul de Caaveiro (SIM) 54
Eloy Rodríguez Martínez Twist (SIM) 52
Rubén Boquete Varela Acio de Pasarín (SIM) 52
Juan José Canosa Vigo Zeta da Chousa (PH) 51
Jaime Aneiros Leira Samu (PM) 34