RASTRO COELLO
Celébrase un curso de reciclaxe de Xuíces de Rastro de Coello
27/7/2010

Nas visperas do día do Apostol, en Santiago de Compostela reuníanse nas instalación da Federación Galega de Caza un total de 24 xuíces da modalidade de rastro de coello.

Neste curso fíxose un repaso do reglamento, unha serie de apuntes da normativa e unhas consideracións sobre a tarxeta de puntuación. Engadíronse novos apartados e valores en dita tarxeta así como a modificación e a coordinación de certos criterios.

Xa na segunda parte do curso, levouse a cabo unha mesa de traballo na que se fixo unha posta en común de aspectos relacionados coa actuación dos xuíces así como factores da propia competición como poden ser os terreos de competición, horarios, etc.

Algunha destas propostas requerirán a aprobación da Asamblea Xeral para a súa entrada en vigor.