RRCC MEMORIAL CEA
Angel Mosquera Cornide gaña o “Memorial José y Manuel Cea” de Percorridos de Caza
9/8/2010

O pasados 7 e 8 de agosto disputábase no Campo de tiro “Rio Sar” en Vilouchada – Chaián, Trazo (A Coruña) unha nova edición do “Memorial José y Manuel Cea” de Percorridos de Caza, que organizaba a Sociedade Deportiva “Rio Sar”, sendo puntuable para a Copa Galicia de Percorridos de Caza.

Na proba, que se disputaba a 150 pratos, participaban un total de 37 tiradores, sendo o gañador absoluto Angel Mosquera Cornide, que escachaba 132 pratos. O segundo posto era para Fernando Sánchez Mancebo que escachaba 121 pratos. Terceiro clasificado foi Antonio Iglesias Otero, que remataba a competición con 117 pratos escachados.

Por categorías, o gañador en seniors era o propio Angel Mosquera Cornide. En veteranos vencía Antonio Castro Ferreiro, quen escachaba 91 pratos, mentres que en superveteranos gañaba Angel Mosquera Rodríguez, que escachaba 104 pratos.

Pos Tirador Cat Pratos
Angel Mosquera Cornide S 132
Fernando Sánchez Mancebo S 121
Antonio Iglesias Otero S 117
Manuel García Pombo S 110
José Luis Sánchez Mancebo S 107