CENTRO MOURISCADE |
O Conselleiro do Medio Rural visitou as instalacións do Centro Cinexético de Mouriscade |
9/8/2010 |
O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, visitou o pasado venres as dependencias do Centro Cinexético de Mouriscade e a granxa de cría de perdices situada nesa mesma granxa. Na visita estivo acompañado polo director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón; polo xefe territorial da Consellería, Gerardo Zugasti Enriquez; polo alcalde de Lalín, Xosé Crespo Iglesias; e polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. A visita comezou cunha breve explicación por parte da xefa de servizo da Finca Mouriscade, María Hermida, sobre os datos actuais do laboratorio para logo facer un breve percorrido polas súas instalacións. Seguidamente, as autoridades trasladáronse ao entorno da Casa da Finca para seguir polas instalacións da Granxa Gandeira. Por último, visitaron o albergue e a área de fins sociais que contén un club hípico, unha área recreativa e un centro de diminuídos psíquicos. Centro Cinexético A área de explotación gandeira desenvolve un programa de mellora xenética para os gandeiros da provincia de Pontevedra. Este programa está coordinado dentro do Programa de Mellora Gandeira da Consellería do Medio Rural, que aporta embrións de alto mérito xenético e asistencia técnica mediante convenio coa Federación Frisona Galega (Fefriga). Granxa de perdices Fonte: Consellería do Medio Rural |