RASTRO COELLO
Victor Casqueiro en Rastro e José M. Navazas en Podencos, gañadores do Campionato de Rastro de Coello “Cara de Can”
7/9/2010

O pasado 4 de setembro disputábase nos Tecores “A Laxe” e “Xesta e Seixido” en Pontevedra, o II Campionato de Cans de Rastro de Coello “Cara de Can”, que organizaba a Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coas Sociedades “A Laxe” e “Xesta e Seixido”.

A proba dividíase en duas categorías: cans de rastro e podencos. Na categoría de cans de rastro era Víctor Casqueiro Casqueiro o gañador con “Rita”, quen tamén acadaba o segundo posto co can “Bola”. O tercero posto era para Manuel Hermida Estévez con “Beli”.

Na categoría de podencos o gañador foi José M. Navazas Chazo con “Peluda”, sendo segundo Alberto González Vila con “Rosi”.

Pos Participante Can Punt.
  CANS DE RASTRO    
Víctor Casqueiro Casqueiro Rita  
Víctor Casqueiro Casqueiro Bola  
Manuel Hermida Estévez Beli  
  PODENCOS    
José M. Navazas Chazo Peluda  
Alberto González Vila Rosi