GALEGO SAN HUBERTO
José Sanmartín, Nicolasa González e David A. Hawatson, Campións Galegos de San Huberto
22/9/2010

O tecor da sociedade de cazadores Fornelos de Montes acollía a final do Campionato Galego de Caza San Huberto, no que competían os 32 mellores deportistas galegos da modalidade, 23 homes, 4 mulleres e 3 springer.

Na final masculina impoñíase o cazador da sociedade Urogallo de Ferrol, José Sanmartín, coa pointer femia Ja da Chousa, segundo foi Eliseo Faraldo, da sociedade Taboadela (Ourense), co pointer macho Ario da Chousa; terceiro, Juan Ramón Suárez, da sociedade Valdoviño, co setter inglés Viño; e cuarto, Rubén Boquete, da sociedade Rio Sar, co setter inglés Acio de Pasarín.

En donas, primeira foi Nicolasa Carrodeguas, da sociedade Urogallo, co setter inglés Jef de Caaveiro; segunda Ana Arbiol, da sociedade A Ulloa, co setter Bratón de la Llusina; e terceira Cristina Sanmartín Sánchez, da sociedade Urogallo, coa pointer Fa da Chousa.

En Springer Spaniel, primeiro foi David Andrew, da sociedade A Tomiñesa, con Furud Estrella de Tebra; seguido de Eloy Rodríguez da sociedade Barbanza, con Uncle Baia de los Tres Robles.

A selección galega queda conformada polos catro mellores masculinos, as dúas mellores donas, e o primeiro springer. A selección masculina disputarán a II Copa Presidente San Huberto que terá lugar o sábado día 25 de setembro, en Ametlla de Mar (Tarragona), mentres que a selección feminina e springer participarán na final do Campionato de España que terá lugar o domingo día 26 tamén en Ametlla de Mar (Tarragona).