RASTRO COELLO CORUÑA
José Pais Serrano convírtese no Campión Provincial de A Coruña de Rastro de Coello
27/9/2010

O pasado 25 de setembro tiña lugar no Tecor “Santa Xoán de Serres” en Muros, o Campionato Provincial de A Coruña de Rastro de Coello, que organizaba a Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade de Cazadores “Santa Xoán de Serres” de Muros.

O gañador da proba e Campión Provincial era José Pais Serrano co seu lote formado por “Boby”, “Fany”, “Usa” e “Anca”, que acadaba 538 puntos. Outro lote do mesmo concursante formado por “Champán”, “Tambor”, “Ali” e “Tula” acadaba o segundo posto ao rematar con 527 puntos. Terceito clasificado no campionato era José Ramón Calvo Suárez, cos 500 puntos que acadaban “Mina”, “Mendy”, “Telma” e “Tana”.

O mellor can da proba era “Boby”, de José Pais Serrano, que acadaba 149 puntos na proba.

Pos Participante Cans Punt.
José Pais Serrano Boby / Fany / Usa / Anca 538
José Pais Serrano Champán / Tambor / Ali / Tula 527
José Ramón Calvo Suárez Mina / Mendy / Telma / Tana 500
José Martínez Calviño Linda / Paloma / Kati / Chola 471
Luis Rodríguez Vaamonde Turín / Sarna / Laica / Corvo 470