RASTRO COELLO OURENSE
Jorge Taboada Fernández é o novo Campión Provincial de Ourense de Rastro de Coello
27/9/2010

O pasado 25 de setembro tiña lugar no Tecor “Xinzo de Limia” en Xinzo, o Campionato Provincial de Ourense de Rastro de Coello, que organizaba a Federación Galega de Caza en Ourense en colaboración coa Sociedade de Cazadores “Xinzo de Limia”.

O gañador da proba e Campión Provincial era Jorge Taboada Fernández co seu lote formado por “Kenia”, “Fina”, “Zoreta” e “Friqui”, que acadaba 400 puntos. O lote de Serafín Novoa Cerredelo formado por “Curro”, “Rata”, “Rogelia” e “Lola” acadaba o segundo posto ao rematar con 292 puntos. Terceiro clasificado no campionato era José Civeira Villanueva, cos 256 puntos que acadaban “París”, “Moro”, “Morita” e “Patuco”.

O mellor can da proba era “Zoreta”, de Jorge Taboada Fernández, que acadaba 121 puntos na proba.

Pos Participante Cans Punt.
Jorge Taboada Fernández Kenia / Fina / Zoreta / Friqui 400
Serafín Novoa Cerredelo Curro / Rata / Rogelia / Lola 292
José Civeira Villanueva París / Moro / Morita / Patuco 256
Anselmo Pena Barroso Tita / Patiña / Pombiña / Zidan 189
José Ramón López Fuentes Gros / Coco / Clairon / Fai 149