GALEGO RASTRO COELLO
O lote de cans propiedade de Luis Rodríguez Vaamonde gaña o Campionato Galego de Cans de Rastro de Coello
4/10/2010

O pasado 3 de outubro tiña lugar no Tecor da Sociedade de Cazadores “A Fornelense” en Fornelos de Montes (Pontevedra), o Campionato Galego de Cans de Rastro de Coello, que organizaba a Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade de Cazadores “A Fornelense”.

Participaban os 10 lotes clasificados para a proba, onde resultaba gañador e Campión Galego o formado por “Turín”, “Sarna”, “Corvo” e “Laica”, propiedade de Luis Rodríguez Vaamonde, que acadaba 592,5 puntos. O segundo clasificado e subcampión era o lote de José Pais Serrano formado por “Champán”, “Tambor”, “Ali” e “Tula” que remataba con 462 puntos. Terceiro clasificado no campionato era o lote formado por “Boby”, “Fany”, “Usa” e “Aula”, tamén propiedade de José Pais Serrano, que acadaban 427,5.

O mellor can da proba era “Laica”, de Luis Rodríguez Vaamonde, que acadaba 155 puntos na proba.

Pos Participante Cans Punt.
Luis Rodríguez Vaamonde Turín / Sarna / Laica / Corvo 592,5
José Pais Serrano Champán / Tambor / Ali / Tula 462
José Pais Serrano Boby / Fany / Usa / Anca 427,5
Xoan Castaño Conde Vento / Emir / Dakar / Eito 379