PESAR NOS CAZADORES GALEGOS
Falece un cazador de Muíños (Ourense) ao disparárselle a escopeta
18/10/2010

Fondo pesar entre os cazadores galegos ao coñecerse a nova do falecemento do cazador que onte, domingo, foi víctima do infortunio na localidade ourensá de Muíños mentres cazaba. Aínda que o desgraciado accidente nada que tivo que ver coa práctica cinexética, senón que a arma disparóuselle cando tentaba separar a dous cans durante unha pelexa, dende a Federación Galega de Caza, o seu presidente Gómez Cortón aproveitou para lembrar unha vez máis as precaucións e medidas de seguridad que se deben adoptar durante a práctica da caza, "sen dúbida as principais medidas de seguridade deberán basearse na prudencia, o sentido común e o emprego responsable das armas", engadiu.