GALEGO CETRERÍA
Antonio Álvarez e Ventura Touriño, novos campións Galegos de Cetraría
3/11/2010

Os cetreiros Antonio Álvarez, na modalidade de baixo vóo, e  Ventura Touriño, en sky trial, facíanse co Campionato Galego de Cetraría disputado a pasada fin de semana na localidade ourensán de Xinzo de Límia. A organización corría a cargo da Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade Galega de Cetrería.

O sábado disputábase a semifinal, na que se clasificaban os 7 mellores de cada modalidade que pasaban á final do domingo. Na modalidade de Baixo Voo, que se realizaba sobre pomba,  competían 15 cetreiros, mentres que na de Sky Trial, que se disputaba sobre faisán, participaban 13.

Ademais das  modalidades anteriores, celebrouse tamén a proba de “pequenas aves”, na que se proclamou vencedor Alberto Calviño, seguido de Javier Arosa, e Evaristo González.

A selección galega que representará á FGC no Campionato de España, a celebrar en Osuna (Sevilla) os días 5, 6, 7, e 8 de decembro estará integrada por:

En Baixo Voo:
1º Antonio Álvarez (Ourense)
2º Rocio Valverde (Nigrán)

En Sky Trial:
1º Ventura Touriño (Teo)
2º Óscar López Pena (Santiago)