CAZA MENOR OURENSE
Jorge Castro Adán gaña en Sandiás o Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor
4/11/2010

O pasado 30 de outubro tiña lugar no Tecor de Sandiás, o Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor con can, que organizaba a Federación Galega de Caza en Ourense en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Sandiás.

Eran 9 os cazadores que tomaban parte nesta edición, resultando gañador Jorge Castro Adán ao acadar 1100 puntos. Jaime Pintos Davila remataba no segundo posto con 700 puntos e finalmente Jorge Vázquez Iglesias con 300 puntos era o terceiro clasificado.

Pos Participante Punt.
Jorge Castro Adán 1100
Jaime Pintos Davila 700
Jorge Vázquez Iglesias 300
Roberto Miguélez Saínza 200
Marcos Pérez González 150