TRISTEZA NO MUNDO DA CAZA
Un cazador galego falece en Ordes dun disparo fortuito
8/11/2010

Conforme ao relato dos feitos trátase dun accidente cinexético atípico, no que a desgraza é froito dun cúmulo de casualidades que, de non orixinarse todas ao tempo, non produciría o mortal sinistro.

Debemos subliñar a necesidade de por en práctica todas as medidas de seguridade durante a caza para lograr unha actividade absolutamente segura. Entra esas medidas cabe destacar que nas batidas de caza os cazadores deben coñecer a situación dos seus compañeiros máis achegados, facéndose visibles polo medio axeitado e non disparar nunca se ver á perfección a peza a abater e comprobar que a posible traxectoria do disparo sexa limpa e non cara a maleza, tan abundante na nosa terra.

A Federación trasladou ao Presidente da Sociedade de Caza de Ordes e á familia do falecido as condolencias en nome dos cazadores galegos.