CAZA MENOR CORUÑA
Emilio Romero, da sociedade de caza de Rois impúxose como Campión Provincial con 2 perdices
8/11/2010

O pasado sábado, o tecor da sociedade de cazadores de Tordoia, acollía a celebración do Campionato Provincial de Caza Menor con Can, no que se daban cita os mellores cazadores da provincia.

Na competición, que comezaba con algo de retraso sobre o horario previsto, polas inclemencias meteorolóxicas, participaban 33 cazadores das diferentes sociedades da provincia da Coruña, e nela cobrábanse un total de 19 pezas -16 perdices, 1 arcea, 1 agachadiza, e 1 pomba torcaz-

O cazador da sociedade de cazadores Rois, Emilio Romero Castro, que competía co can Terri, un setter inglés macho, entraba no control ás 13,55 horas con dúas perdices, o que lle valía unha puntuación de 1020 puntos, proclamándose así como vencedor absoluto da proba.

Segundo, e subcampión, foi o cazador tracense, da sociedade de cazadores Xavestre, Manuel Mariño Boquete, quen, acompañado da cadela Linda, de raza setter setter inglés, pasaba o control ás 14,12 horas tamén con dúas perdices (1020 puntos);  mentres que o seu compañeiro, Rubén Boquete Varela, co setter Acio de Pasarín, da sociedade de caza Rio Sar, que entraba no control ás 14,24 horas con outras dúas perdices, facíase coa terceira praza da clasificación xeral.

En cuarto, quinto, e sexto posto, cunha perdiz clasificábanse, Pedro Torreiro, da sociedade O Gatillo; Ignacio Dopico, da sociedade San Sadurniño, e Roland Caamaño da sociedade A Xunqueira, respectivamente.

O seis cazadores anteriores representarán á provincia da Coruña no Campionato Galego da modalidade, que se disputará o vindeiro 27 de novembro.

A organización correu a cargo da Federación Galega de Caza na Coruña, en colaboración coa sociedade de cazadores de Tordoia. No acto de clausura estiveron presentes os alcaldes de Tordoia e Trazo, Antonio Pereira e José Dafonte, respectivamente, que unha vez máis quixeron respaldar coa súa presencia o deporte cinexético con forte arraigo nos municipios do interior de Galicia.

Pos Participante Punt.
Emilio Romero Castro 1020
Manuel Mariño Boquete 1020
Rubén Boquete Varela 1020
Pedro A. Ferreiro Rodríguez 510
Ignacio Dopico García 510