CAZA MENOR LUGO
Jaime González novo Campión Provincial de Caza Menor con can de Lugo
9/11/2010

O pasado sábado, o tecor da sociedade de cazadores A Xesteira, acollía a celebración do Campionato Provincial de Caza Menor con Can, no que participaban un total de 16 cazadores.

A competición arrancaba con algo de retraso sobre o horario previsto, debido á néboa, pero posteriormente o día foi abrindo ata converterse nunha mañá soleada o que contribuiu a que a maior parte dos cazadores avistasen algunha peza de caza, aínda que con sorte dispar á hora de abatela, xa que o terreo de caza era bastante dificil.

O cazador da sociedade de cazadores Santa María Alta, Jaime González Yáñez, coa cadela Dida, entraba no control con dúas perdices (1020 puntos), o que o convertía en gañador absoluto do proba.

Segundo, e subcampión, foi José Enrique Sánchez Vázquez, da sociedade Castro de Parada, con Fa, que tamén pasaba o control con dúas perdices; mentres que o seu compañeiro, Cristian Fernández Abuín, da sociedade Soñar, coa cadela Zara, entraba no control con 6 pombas torcaces (900 puntos) facéndose así coa terceira praza.

En cuarto, e quinto, posto, cunha perdiz clasificábanse, Antonio Vázquez, da sociedade Santa Bárbara, e Jesús Blanco, da sociedade San Jorge de Palas, respectivamente.

O cinco cazadores anteriores representarán á provincia de Lugo no Campionato Galego da modalidade, que se disputará o vindeiro 27 de novembro.

A organización correu a cargo da Federación Galega de Caza en Lugo, en colaboración coa sociedade de cazadores a Xesteira de Sarria.

Pos Participante Punt.
Jaime González Yáñez 1020
José Enrique Sánchez Vázquez 1020
Cristian Fernández Abuín 900
Antonio Vázquez Díaz 510
Jesús Blanco Paredes 510