RAPOSO CORUÑA
A cuadrilla “Cinexética Muxiana” gaña o Provincial de Raposo de Coruña
17/1/2011

O pasado 15 de xaneiro celebrábase o Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Raposo, que tiña lugar nos Tecores das Sociedades de Ordes, “Visantoña”, “O Sanatorio” de Cesuras,e “A Magdalena” de O Pino e “O Gatillo”, e organizaba a Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coas citadas sociedades de cazadores.

Participaban na proba un total de 64 cuadrillas de toda a provincia, resultando gañadora “Cinexética Muxiana”, da sociedade do mesmo nome, ao capturar 3 raposos. Os mesmos capturaba a cuadrilla “Ordes C”, da Asociación de Caza de Ordes, que remataba no segundo posto.  A cuadrilla “Os Magníficos” da Sociedade de Vimianzo, que acadaba o terceiro posto, capturaba 2 raposos durante a competición.

As catro primeiras cuadrillas clasifícanse para o vindeiro Campionato Galego da modalidade.

Pos Cuadrilla Capturas
Cinexética Muxiana 3 raposos
Ordes C 3 raposos
Os Magníficos 2 raposos
Os Trouleiros 2 raposos
Raposeiros de Fiopans 2 raposos