NOVA DIRECTIVA
Nogueira nomea o equipo directivo que lle acompañará durante os vindeiros catro anos
8/2/2011

O presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, ven de nomear no día de onte ao novo equipo directivo que lle acompañará na dirección federativa durante os  vindeiros catro anos.

Un equipo xoven pero comprometido co deporte cinexético e con ampla experiencia na xestión federativa e deportiva, no que predominan os profesionais independentes, empresarios e funcionarios, acompañarán a Javier Nogueira  durante o seu mandato.  Unha xunta directiva que estará integrada por 10 persoas, ademais dos presidentes provinciais, que terán que afrontar temas tan controvertidos como o da gardería, os danos producidos polas especies cinexéticas, a renovación do regulamento de armas ou a reforma da lei de caza, entroutros.

Vicepresidente    José Luis Valcárcel Yáñez (Lugo)
Secretario Xeral   Ramón Rodríguez Cobas (A Coruña)
Tesoureiro  Manuel Pérez Requejo (Ourense)
   
Vocais   José Lugrís Calvo (A Coruña)
Manuel Feijoo Castro (Ourense)
Antonio García Reinoso (Ourense)
José Antonio Pena Fernández (Pontevedra)
Manuel Martínez Casal (Pontevedra)
José Manuel Vidal Lamela (Lugo)
   
Presidentes Provinciais  
A Coruña  Manuel Saa Casariego
Lugo  Francisco López Penela
Ourense José Luis Leites González
Pontevedra Francisco Couselo Castiñeira