PLAN INCENDIOS 2011
Medio Rural xa está a traballar no PLADIGA 2011
21/3/2011

A Dirección Xeral de Montes da Consellería do Medio Rural atópase xa a traballando no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (PLADIGA) do presente ano.

Ata o vindeiro 25 de marzo estableceuse o prazo para as diversas achegas, comentarios e suxestións a dito documento que dende diversas institucións lle farán chegar á Dirección Xeral. Entre elas atópanse as da Federación Galega de Caza que como cada ano colabora activamente na elaboración deste plan.

A base para este PLADIGA 2011 será o documento do ano pasado, levado a cabo co obxectivo fundamental de diminuír o número de lumes e a superficie queimada respecto a pasados anos. Nel incluíronse diversas novidades, como plans independentes e específicos para a prevención; detección disuasión e investigación; extinción e formación.

Se o desexa pode consultar toda a información relativa ao PLADIGA 2010 na seguinte ligazón: http://mediorural.xunta.es/areas/forestal/incendios_forestais/pladiga_2010/