PREMIOS XORNALISMO DEPORTIVO
A FGC estivo presente nos Premios Galicia ao Xornalismo Deportivo
25/3/2011

O pasado 21 de marzo tiña lugar no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela a sexta edición dos Premios Galicia de Xornalismo Deportivo, organizado pola Federación Galega de Prensa Deportiva e que cada ano recoñece aos mellores profesionais e medios de comunicación especializados no deporte en Galicia.

A Federación Galega de Caza, representada por Ramón Rodríguez Cobas e Manuel Pérez Requejo, Secretario e Tesoureiro respectivamente, estivo presente nesta gala que tivo lugar ás 21.00 horas do luns.

O coñecido comunicador de TVE, recen xubilado, José Ángel de la Casa foi premiado co galardón Enrique Mariñas, encabezando unha listaxe de premiados onde tamén se atopaban Lois Novo Blanco na prensa escrita, Carlos Carballeira na fotografía, a Televisión de Galicia no audiovisual, “Directo Marca Coruña” no apartado radiofónico e a páxina web da Federación Galega de Atletismo en canto a Internet.