COPA GALICIA RASTRO COELLO
José Pais Serrano, gañador da proba de Vilalonga
11/4/2011

O pasado domingo día 10 de abril, disputábase nos Tecores das Sociedades de Caza de A Lanzada, O Grove e Meaño, en Pontevedra, unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Rastro de Coello organizada pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedades de Cazadores de A Lanzada, O Grove e Meaño.

A nota predominante da proba foi a alta participación na mesma, acudindo a mes un total de 37 participantes cos seus respectivos lotes. A proba estivo xulgada por Silverio Liñares, Alejandro González, Emilio Vila, Isabel Negreira, Manuel Vázquez, Nicolás Castro, José Alonso, Roberto Costa e José Montoiro, auxiliados por Jaime Villaverde e Ramón Collazo.

Unha vez concluída a proba foi o lote composto por “Tambour”, “Anca”, “Kenia” e “Drak” propiedade de José País Serrano o que con 558 puntos acadou o primeiro posto. Con 540 puntos o lote propiedade de Juan Formoso Raposo con “Lala”, “Cora”, “China” e “Pol” foi o segundo clasificado seguido de Jaime López Castro con 517 puntos.

O mellor can da proba foi “Tambour” con 152 puntos propiedade de José País Serrano.