NOVO REGULAMENTO ARMAS
Ante a presión dos cazadores, o Goberno presenta un novo proxecto de modificación do Regulamento de Armas
12/4/2011

O pasado venres o Goberno anunciaba a través do BOE a elaboración do novo proxecto modificación do de regulamento de armas, que contará cun novo período de 10 días hábiles para as posibles observacións ou reclamacións que se lle fagan.

Ante a avalancha de reclamacións e críticas recibidas polo anterior proxecto de regulamento por parte do mundo da caza, entre elas as alegacións aportadas pola Federación Galega de Caza, que canalizan o sentir dos cazadores galegos, o Goberno central decidiu reemplazar o novo proxecto por unha modificación máis leve do texto.

Esta modificación incluirá soamente o contido necesario e imprescindible para adaptar o actual regulamento de armas ás novas directivas europeas, polo que se agarda que non inclúa importantes cambios que afecten negativamente ao colectivo da caza.

Ver anuncio do Ministerio do Interior no BOE
Ver Proxecto de Real Decreto polo que se modifica o regulamento de armas