SECRETARÍA XERAL DEPORTE
A FGC asiste a presentación do novo Subdirector Xeral para o Deporte
14/4/2011

No día de onte, 13 de abril, Ramón Rodríguez Cobas e Manuel Pérez Requejo, Secretario Xeral e Tesoureiro da Federación Galega de Caza respectivamente, asistiron ao acto convocado na sede da Secretaria Xeral para o Deporte con motivo da presentación do novo Subdirector Xeral, Carlos Gómez Martínez. Dita presentación correu a cargo de José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte.

Neste mesmo acto, tamén se informou ás diferentes federacións alí presentes a inminente entrega, nos vindeiros días, do borrador da nova Lei do Deporte de Galicia. Como novidades, con respecto a actual situación, dicir que as auditorías sobre as contas actualmente obrigatorias para as federacións, cambiarán o modelo aleatorio que, en palabras do Secretario Xeral, afectaría a cada federación polo menos nunha das anualidades durante un período.

No acto, representantes dalgunhas federacións alí presentes, suxeriron que se estuden por parte da Secretaría Xeral os compromisos contractuais coas empresas auditoras, para poder resolvelas sen necesidade do compromiso que manifestaron ter por un período de 3 anos e que en calquera caso, de ser inviable, procederíase a eximir desta auditoría, conforme a nova lexislación, a aquelas que a realicen nos próximos anos.