PERCORRIDOS CAZA ARCO
Vila de Cruces acolleu o Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco
25/4/2011

Aproveitando a celebración da V Feira de Cans de Caza da localidade

Organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade de Caza “Cazarco” e a Sociedade de Cazadores de Vila de Cruces, disputábase a terceira edición do Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco.

Participaban un total de 33 arqueiros repartidos nas seis categorías nas que se disputaba a proba: Arco Asistido, Arco Tradicional, Longbow, Categoría Feminina e Categoría Cadetes.

Toño Rodríguez Iglesias proclamábase vencedor na categoría de Arco Asistido, ao acadar 248 puntos na proba. Seguíalle Jaime Villaverde Balado, a tan só tres puntos. Con 224 puntos o terceiro clasificado era Ángel Villaverde Balado.

En Arco Tradicional o gañador era Mickel Pasabant Quintian, que remataba con 177 puntos. Os arqueiros Abel López Lepiani e Óscar Novas empataban a 170 puntos, pero o número de plenos acadados na proba deixábanos no segundo e terceiro posto respectivamente.

Antonio Fernández Viz vencía na categoría de Longbow con 144 puntos. O segundo posto era para Manuel Fernández Fraiz, que acadaba 123 puntos. Terceiro remataba Benigno Ruiz Pascual, con 93 puntos.

Dolores Bugarín Codeseda proclamábase gañadora na categoría Feminina, con 177 puntos, mentres que María Rodríguez Rodríguez, con 115 puntos, era a segunda clasificada. Terceira clasificada era Iratxe Guillén Bouzas, cos 48 puntos acadados na proba.

En Cadetes o gañador era Marcos Gómez Dacosta, con 115 puntos mentres que Rubén Arias Lemos remataba no segundo posto, con 91 puntos.