COMPAK SPORTING
Últimos días de inscrición para o Campionato de Europa de Compak Sporting
26/4/2011

A localidade soriana de Castillejo de Robledo acollerá esta proba, que este ano organiza a Real Federación Española de Caza

En colaboración con FITASC (Federación Internacional de Tiro), a RFEC organiza a cuadraxésimo terceira edición do Campionato de Europa de Compak Sporting, que se celebrará nas instalacións de alta competición coas que conta a Federación en Castillejo de Robledo, na provincia de Soria (Castela León), entre os días 26 e 29 de maio.

Tiradores chegados de tódolos rincóns do vello continente chegarán a España para participar nesta proba de carácter aberto, que se disputará nas categorías senior, veterano, super veterano, damas, junior e tamén por equipos, e que por suposto contará cunha nutrida representación española, que habitualmente realiza unhas boas actuacións.

Os tiradores interesados en participar poderán inscribirse libremente, sen necesidade de participar en campionatos previos ou clasificatorios, na páxina web de FITASC (www.fitasc.com) ou a través da RFEC, mediante o seguinte formulario de inscrición:

Descargar formulario

Máis información na páxina web www.fecaza.com/euro2011