SITUACIÓN SILVESTRISMO
O Ministerio de Medio Ambiente reuníuse coa RFEC
11/5/2011

Actualmente esta modalidade de caza só é posible cunha autorización especial previa

A Real Federación Española de Caza solicitou nos pasados días unha reunión co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino para tratar a situación do silvestrismo, unha ancestral práctica cinexética que recibiu nos últimos tempos algunhas críticas por parte de organizacións ecoloxistas radicais.

Un grupo de traballo integrado polas Federacións Autonómicas de Caza con maior número de silvestristas, entre as que se atopa a Galega, foi creado pola RFEC para analizar a situación desta modalidade de caza nas diferentes rexións españolas e posteriormente coordinar un plan de acción que garanta o seu futuro.

A RFEC quixo reunirse co MARM para trasladarlle a sua visión acerca desta práctica que actualmente só é posible practicar a través de autorizacións especiais, e que se realizar dunha forma totalmente controlada e sen supoñer ningún risco potencial para a poboación de aves frinxílidas.

Desta reunión, celebrada o pasado 10 de maio, extraeranse unhas conclusións positivas que certifiquen o bo estado desta fermosa e ancestral modalidade de caza.