XUNTANZA NA FGC
En beneficio das competicións cinexéticas
11/5/2011
A xuntanza tivo lugar na sede central da FGC en Santiago de Compostela

No día de onte, 10 de maio, tiña lugar unha reunión da Xunta Directiva da Federación Galega de Caza na que tomaban parte Javier Nogueira Diz, Presidente da FGC, Ramón Rodríguez Cobas, Secretario Xeral e os Vocais Manuel Martínez Casal, Xosé Lugrís Calvo e Antonio García Reinoso.

O motivo desta reunión tivo lugar coa organización e coordinación de competicións, reparto de competencias, e diferentes puntos relativos a lexislación das competicións cinexéticas, entre outros.

No tocante o reparto de competencias das diferentes competicións deportivas cinexéticas, mencionar que José Antonio Pérez será o Coordinador das Competicións de Percorridos de Caza e Compak Sporting; Xosé Lugrís Calvo Coordinador de Caza San Huberto, Caza Practica e Silvestrismo; Manuel Martínez Casal Coordinador das Competicións de Cans de Rastro, modalidade xabaril e coello, e en colaboración con Antonio García Reinoso na modalidade de Caza de Raposo. Antonio García Reinoso tamén será o Coordinador das Competicións de Arco e Cetrería e Manuel Feijoo Castro nas de Caza de Arceas e Caza Menor.

Estes Delegados coordinaranse conxuntamente coas delegacións provinciais, para a boa organización e desenrolo das diferentes competicións.