GALEGO SILVESTRISMO
Os mellores cantos galegos déronse cita en Narón
20/5/2011

O pasado 15 de maio disputábase no concello coruñés de Narón – A Coruña, o Campionato Galego de Paxaros Cantores organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade Deportiva de Silvestrismo “O Faísca”.

Na competición participaron un importante número de paxaros repartidos nas categorías de: pardillos, xílgaros, verderóns, mixtos de pardillos, mixtos de xílgaros e mixtos de verderóns. E foron xulgados polos xuíces Jesús Ángel Faraldo Ares, Manuel Ángel Chao Porto, Juan Pico Pico e Iván Fajardo Cao, actuando como Director da proba Juan León Martínez.

Juan León Martínez, Manuel Ángel Chao Porto e Rafael Prol Caneda conformaron o xurado de competición, que despois de reunirse o rematar a proba, puxeron en coñecemento a clasificación da proba quedando do seguinte xeito.

Na categoría de Pardillo Novel, Camilo Taboada Piñeiro acadaba con dous dos seus paxaros os dous primeiros postos con 30 e 19 puntos respectivamente. Completando o podio Miguel Ángel Ares Ares con 14 puntos.

Na categoría de Pardillo Adulto, Serafín Corral Vázquez situábase tamén nos dous primeiros postos con 31 e 15 puntos respectivamente. Xa na terceira posición quedaba Miguel Picado López con 14 puntos.

En Xílgaro Novel, foi Ricardo Díaz Fernández o que se impuxo con 34 puntos a Juan Luis Pita Garcia que con 29 e 28 puntos acadou o segundo e terceiro posto.

Na categoría de Xílgaro Adulto, Higinio Rodeiro González acadaba os dous primeiros postos con 80 e 42 puntos respectivamente. Completaba o podio Juan Luis Pita García con 36 puntos.

Na clasificación de Mixto de Xílgaro, foi Carmen García Freire a que se impoñía ao acadar unha puntuación de 80 puntos. No segundo posto e con 74 puntos quedaba Serafín Corral Vázquez. Cos mesmos puntos pero en terceira posición situábase Juan Pico Pico.

En Mixto Pardillo o gañador era Miguel Ángel Ares Ares cun total de 17 puntos. Seguiuno Arturo Porta Taibo con 16 puntos e Francisco Javier Porta Yañez en terceira posición e 13 puntos.

Na categoría de Verderón foi Dionisio Ares Babarro o que acadou o primeiro posto con 30 puntos. Seguiuno Johnatan Crego González con 29 puntos e con 21 puntos e en terceira posición situouse Juan Manuel Souto Rico

Na categoría de Mixto de Verderón o gañador foi José Manuel Romero Neira con 35 puntos seguido de Pedro Fernández Jiménez con 9 puntos en segunda posición.