COMPAK SPORTING CORUÑA
Dominio de Iglesias Otero no provincial
21/6/2011

O pasado domingo 19 de xuño, tivo lugar no Campo de Tiro Río Sar da Sociedade de Cazadores Río Sar a fase Provincial de A Coruña do Campionato de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña coa colaboración de dita sociedade deportiva.

O campionato desenrolouse sen incidentes e foi disputado por 30 tiradores sobre 100 pratos divididos en catro campos. Unha vez máis, as excelentes traxectorias dos pratos as que xa nos ten acostumados Río Sar, fixo que os tiradores tiveran que poñer toda “a carne no asador” para acadar un posto destacada e así clasificarse para o galego da especialidade.

Na categoría Xeral Absoluta foi Antonio Iglesias Otero o que tras facer dous plenos nos dous primeiros campos e dous 21 nos dous seguintes o que con 92 pratos escachados se converteu no Campión Provincial desta edición. Seis pratos por debaixo, seguiulle a estela de Iglesias o tirador Elisardo Cea Cebreiro con un total de 86 pratos escachados. Foron os irmáns Fernando e José Luis Sánchez Mancebo os que acadaron o terceiro e cuarto posto respectivamente con 85 e 82 pratos.

Na categoría de Xuveniles, José Manuel Torres Parada acadou o primeiro posto con 57 pratos escachados. En Veteranos o primeiro posto recaeu en Antonio Castro Ferreiro con un total de 71 pratos. Xa en Superveteranos o incombustible Ángel Mosquera Rodríguez subiu o máis alto do podium con 76 pratos escachados.