COPA GALICIA RASTRO XABARIL
Luís Otero Pena, con “Turbo”, gañador en Touro
4/7/2011

O pasado 15 de xullo, disputábase no Tecor de Touro – A Coruña, unha proba de Cans de Rastro Atrelados modalidade xabaril baixo a organización da Sociedade de Cazadores de Touro e a Federación Galega de Caza en A Coruña.

Máis de 30 monteiros e un total de 38 cans déronse cita en Touro para mostrar unha vez máis o bo nivel dos cans galegos nestas probas de cans de rastro de xabaril atrelados.

Uns eucaliptais con escasa maleza foron fieis testemuñas do bo facer de cans e monteiros, tanto na fase clasificatoria como na fase final, e mostra de elo foron as puntuacións acadadas xa que os 13 cans que accederon a fase final superan todos eles os 200 puntos, poñéndolles as cousas moi difíciles os xuíces da proba, Samuel Barreiro e Raúl Cartea.

Entre tanta calidade, foi o veterano monteiro Luís Otero Pena con “Turbo” o que obtivo o primeiro posto da clasificación cun total de 255 puntos. Seguiuno moi de preto Francisco Rodeiro Eiras con “Sil” e 251 puntos. Completou o podio o monteiro José Otero Alonso con “Tom” é un total de 243,5 puntos.

Nesta proba tamén tiveron cabida os nenos, xa que a organización proporcionoulles un rastro do suido para que estes pequenos e futuros monteiros demostrasen o seu bo facer coa trela.