RASTRO XABARIL
Pedro Ramos, con “Falco”, é o novo campión galego
18/7/2011

O pasado domingo día 17 de xullo, tivo lugar no Tecor Medio Eume, sito no concello coruñés de As Pontes, a XVI edición do Campionato Galego de Cans de Rastro Atrelados modalidade xabaril, organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade de Cazadores Medio Eume.

Un total de 35 monteiros cos seus respectivos cans, clasificados nos seus campionatos provinciais máis o campión galego da edición anterior e os tres primeiros clasificados de Copa Galicia da modalidade, déronse cita a primeira hora da mañá no local social de dita sociedade de caza.

Dende alí, monteiros, organización, xuíces e numeroso público desprazáronse rumbo os montes de Ribadeume para levar a cabo a fase clasificatoria dividida en dous campos. Esta fase da proba desenrolouse nuns terreos moi homoxéneos conformados por plantacións novas de eucaliptais sen maleza que foron máis que axeitados para disputa deste tipo de probas.

A medía mañá, e unha vez rematados os turnos de participación, os asistentes disfrutaron do pincho campeiro, momento este que o equipo de xuíces formado por Raúl Cartea Eirós, Antonio Bello Giz, José Manuel Pita Santalla e Santiago Vigo Casavella  deron a coñecer a través do director da Proba Manuel Martínez Casal os 12 monteiros, 6 de cada campo, que pasarían para a fase final deste campionato autonómico.

A fase final, desenrolouse sobre un terreo moi similar o da fase clasificatoria pero que lle houbo que engadir unha maior antigüidade do rastro que coa ausencia de “roce” do suído na inexistente maleza, fixo que cans e monteiros tiveran que facer gala do seu bo facer coa traela. E foi o xove monteiro, pero curtido nestas lides, Pedro Ramos Casas o que con “Falco” e un total de 260 puntos se adxudicara con esta decimosexta edición do Campionato Galego de Cans de Rastro Atrelados modalidade xabaril. O subcampionato recaeu no pontevedrés Francisco J. Rodeiro Eiras con “Sil” e un total de 257 puntos. Completou o podio Carlos Arnoso García con “Chino” en un total de 254,5 puntos.

Estes tres primeiros clasificados, xunto con José Pereira Ramos, Cándido Picón Domínguez,  José Pedre Pernas e José Otero Alonso conforman o grupo de monteiros que representarán a Galicia no vindeiro Campionato de España da especialidade que se disputará os días 29 e 30 de xullo no concello asturiano de Navia.