TROFEO INTERNACIONAL FERROL |
Carlos Lalín e Miguel Fornel foron os gañadores en San Huberto nas modalidades de Cans de Mostra e Levantadores; Pedro Ramos e Julián González en Rastro de Xabaril e Coello, respectivamente |
7/8/2011 |
Homenaxe a Andrés R. Ferreño Os pasado fin de seman, desputouse a VI edición do Trofeo Internacional Cidade de Ferrol organizado pola Sociedade de Caza e Pesca Urogallo de Ferrol, que contaba coas probas de San Huberto, Rastro de Coello e Rastro de Xabaril. As probas de San Huberto, leváronse a cabo na xornada do sábado nos montes de Brión e ne las participaron en torno a 40 deportistas repartidos en 4 baterías, tres de razas de cans de mostra (Británicas e Continentais) e unha de razas levantadoras (Spaniels). Nesta edición xuzgaron a proba: Marcial Ramil Hermida, Pedro Varela Abeledo e David Romero Albores, as baterías de cans de mostra e a batería de Spaniels (levantadores) xuzgouna Manuel Rebordelo Maira. Ditos xuíces, ao final do barrage da proba, decidiron que: o galego Carlos Lalín e a P.H. Koka da Chousa cun recorrido excepcional se proclamara gañador desta edición, seguido do ferrolano José Sanmartín coa P.H. Ja da Chousa, en terceiro lugar clasificouse outro ferrolán, Eliseo Faraldo con P.M. Ario da Chousa. Na Modalidade de Spaniels, o madrileño Miguel Fornel clasificouse en primeiro lugar, seguido do cazador vallisoletano José del Río e xa en terceiro lugar situouse o cazador da Federación Madrileña Francisco López Hernández. Ao término da proba, houbo unha comida de irmandade e acontinuación procedeuse a entrega de trofeos. Na clausura do acto procedeuse a rendir homenaxe a: Andrés R. Ferreño, home entrañable, gran deportista e excelente compañero. Na proba de Rastro de Coello participaron un total de 80 cans divididos en lotes de catro cos seus respectivos conductores e axudantes. A elevada densidade de coello que habita nestes intres o Tecor de Urogallo fixo que todos os lotes participantes desfrutaran de numerosas oportunidades. A proba foi zuzgada por Isabel Negreira, José Mª Álvarez Villar, Silverio Liñares, Alejandro González e José R. Barreiro que ao final da mesma decidieron a siguiente clasificación: Sobre un esceario limítrofe e de forma simultánea, desputábase nos montes de Brión, a proba de Rastro de Xabaril. Xuzgaron a proba: José Manuel Pita Santalla e Saturnino Yáñez Rubido. Desputada a fase final decidieron que: Pedro Ramos co seu mestizo: Faico se proclamase gañador da proba, en segundo lugar clasificouse Albero Arnoso co mestizo: Chino e xa en terceira posición situouse Isidro Novo co mestizo: Café. |