PREVENCIÓN RISCOS
Medio Rural celebrará en Santiago unhas xornadas técnicas sobre “Prevención de Riscos no exercicio da Caza Maior e Menor”
12/8/2011

O vindeiro 27 de agosto, a Consellería de Medio Rural vai a celebrar unhas xornadas técnicas sobre “Prevención de Riscos no exercicio da Caza Maior e Menor”. As xornadas van ter lugar no Salón de Actos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 4, en Santiago).

Para poder inscribirse nas mesmas debe utilizar a folla de inscrición que pode descargar na nosa páxina web remitindoa as direccións que se indican na mesma (correo electrónico: césar.iglesias.vazquez@xunta.es ou fax: 981 54 66 99 ) ou ben facendoa chegar a FGC por mail, (federacion@federaciongalegadecaza.com) que as fará chegar a Consellería de Medio Rural.

A data limite de inscrición é o 25 de agosto.

Descargar: Folla de inscrición
Descargar: Programa