CPTO GALEGO ARCO
Os mellores arqueiros galegos déronse cita en Monforte
18/8/2011

XII Campionatos Galegos de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco o Voo

Na xornada dominical do pasado 14 de agosto, desputouse no concello lucense de Monforte de Lemos a doceava edición dos Campionatos Galegos de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco o Voo organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade Arcolemos.

Ata un total de 41 deportistas se deron cita na proba autonómica de Percorridos,  que se desputou pola mañan mentres que as 9 parellas participantes en Voo participaron polo serán.

Na modalidade de Arco Asistido o gañador e polo tanto Campión Galego da modalidade recaeu en Antonio Rodríguez Iglesias da Sociedade Arcolemos con 233 puntos. O segundo posto ocupouno Adan Alonso Medín con 199 puntos, mentres que a terceira posición foi para Jaime Villaverde Balado de Cazarco con 193 puntos.

Na especialidade de Arco Recurvo, foi Oscar Novas Seijas o que se alzou co primeiro posto con 127 puntos seguido de Abel López Lepiani e 124 puntos; o terceiro caixón foi ocupado por Pablo Martínez Regueira e 94 puntos.

En Arco Longbow o título recaeu en Antonio Fernández Viz da Sociedade Dezarco, con 107 puntos superando a Manuel Fernández Fraiz con 94 e a Benigno Ruiz Pascual con 74, situados en segunda e terceira posición respectivamente.

En Damas, impúxose Mª Luisa Rodríguez Rodríguez seguida de Dolores Bugarín Codeseda e Iratxe Guillén Bouzas en segunda e terceira posición respectivamente. En Cadetes, Rebeca Villaverde Bugarín acadou o primeiro posto seguida de Rubén Arias Lemos mentras que Juan Bandeira Briz tívose que conformar ca terceira posición.

Xa na segunda parte da xornada, tivo lugar o Campionato Galego de Caza con Arco o Voo no que se deron cita un total de 9 parellas. Foi a parella composta por Jaime Villaverde Balado e Pedro Martínez Ángel os que acadaron o primeiro posto con 3 puntos e se converten deste xeito nos novos Campións Galegos da especialidade; o subcampionato foi a parar a parella formada por Abel López e Maria Luisa Rodriguez con 2 puntos. Xa o terceiro caixón ocupouno o equipo lucense composto por Ignacio Mosquera e Héctor López con 1 punto.