DIVULGACIÓN
Xornada sobre prevención de riscos na caza maior e menor
5/9/2011

A última fin de semana de agosto, o salón de actos da Secretaría Xeral para o Deporte acollía unhas Xornadas Técnicas sobre Prevención de Riscos no exercicio da caza maior e da caza menor, patrocinadas pola Consellería do Medio Rural e cofinanciadas polo FSE, nas que os cazadores asistentes abarrotaban o aforo.

As ponencias corrían a cargo de Francisco Chan “A seguridade na caza maior”, e de David Romero “A seguridade na caza menor e nas competicións. Sobre as 13 horas arrancaba a Mesa Redonda, na que tamén participaba o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, e nela poñíase de manifesto unha vez máis o gran interese que esperta entre os cazadores o tema das medidas de seguridade para evita-los accidentes na caza.