NACIONAL RRCC ARCO
Os tiradores da Selección Galega de Arco voltan a casa con Prata, Bronce e dous cuartos postos
13/9/2011

A pasada fin de semana a localidade oscense de Sabiñánigo, acollía a celebración da décimoquinta edición do Campionato España de Percorridos de Caza con Arco, na que competían os arqueiros da selección galega.

O tirador de Arteixo Oscar Novas Seijas, do club de tiro coruñés Arco Hércules, facíase co título de subcampión de España en Arco Tradicional con 209 puntos; mentres que a redondelá do clube Cazarco, Dolores Bugarín Codeseda acadaba o bronce en Arco Asistido, na categoría feminina, con 169 puntos, seguida da súa compañeira, a monfortina tamén do clube Cazarco, María Luísa Rodríguez Rodríguez que quedaba cuarta con 122 puntos.

Marcos Gómez Dacosta, de Salceda de Caselas, que competía por libre en Asistido na categoría de Homes, tamén se facía co cuarto posto ao acadar 143 puntos.