TRISTE PERDA
Falece o deportista de San Huberto e Cans de Parada José Lage Lis
13/9/2011

A pasada fin de semana falecía a causa dunha enfermidade o ferrolán José Lage Lis, cazador e excelente deportista nas modalidades de San Huberto e Cans de Parada onde ten obtido varios campionatos a nivel provincial e autonómico.

A Federación Galega de Caza lamenta profundamente a súa perda ao tempo que lle achega a familiares e amigos o seu máis sinceiro pésame.