MEDIA VEDA |
Excelente comezo da tempada en Ourense |
14/9/2011 |
A finais do mes de agosto, concretamente o sábado 27, comezaba na zona coñecida como a Lagoa de Antela, en Ourense, unha nova tempada de media veda. Son nove os Tecores que compoñen esta zona que espertaba con néboa na primeira xornada pero que finalmente contaba cun excelente tempo. Permítense un total de 10 pezas por cazador en cada unha das xornadas da media veda, que nos dous primeiros días acadaron boa parte dos arredor de 170 cazadores que se deron cita en terras ourensás. Este ano a media veda contaba con algunas novidades en canto á normativa, como a obriga de levar chalecos reflictantes durante a xornada cinexética ou a inclusión da modalidade “ao salto” entre as permitidas. Ademáis, cada Tecor está obrigado agora a contar de un garda en cada cuartel. A campaña da media veda exstenderase ata o vindeiro 18 de setembro. |