RASTRO COELLO CORUÑA
O lote de beagles de Pablo Cambón proclámase Campión Provincial
19/9/2011

O pasado sábado 17 de setembro tiña lugar en Mazaricos o Campionato Provincial de A Coruña de Rastro de Coello, organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña en colaboración coa Sociedade de Caza “Halcón” de Mazaricos.

A proba, que estivo xulgada nesta ocasión por José María Álvarez Villar, Manuel J. Vázquez Mosquera, Manuel Moure González e Ángel Sanandrés Fuentes, contou cun total de 15 lotes de cans participantes.

Foi o lote de Pablo Cambón Bertoa composto por “Clio”, “Mac”, “Vela” e “Risco” o que se proclamou vencedor da proba e Campión Provincial ao acadar 566 puntos. Con 560 puntos rematou subcampión Antonio Lista Blanco, con “Nina”, “Kira”, “Perla” e “Linda”, mentres que o terceiro posto era para Juan Formoso Raposo, quen acadaba 525 puntos co seu lote formado por “China”, “Pol”, “Cora” e “Lala”.

O premio ao mellor can da proba recaía tamén no lote gañador de Pablo Cambón, sendo “Clío” o máis destacado con 154 puntos.