RASTRO COELLO OURENSE
Serafín Novoa gaña en Xinzo o Campionato Provincial
26/9/2011

O pasado sábado 24 de setembro tiña lugar en Xinzo de Limia o Campionato Provincial de Ourense de Rastro de Coello, organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia.

A proba estivo xulgada por Manuel J. Vázquez Mosquera e Silveiro Liñares Canedo,  e contou cun total de 6 lotes de cans participantes.
Foi o lote de Serafín Novoa Cerredelo, composto por “Rogelia”, “Rata”, “Lola” e “Shakira” o que se proclamou vencedor da proba e Campión Provincial ao acadar 421 puntos. Con 401 puntos rematou subcampión  J. Francisco Pousa Fernández, con “Yoli”, “Pinta”, “Pinto” e “China”, mentres que o terceiro posto era para Anselmo Pena Barroso, quen acadaba 325 puntos co seu lote formado por “Cubana”, “Titán”, “Peluda” e “Viana”.

O premio ao mellor can da proba recaía tamén no lote gañador de Serafín Novo, sendo “Rata” o máis destacado con 133 puntos.