CAZA MENOR CORUÑA
Boquete Varela foi o gañador provincial
7/11/2011

No campionato tomaron saída un total de 24 cazadores

O pasado sábado día 5 de novembro disputouse no Tecor de Coristanco o Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can baixo a organización da Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Coristanco.

Ás 9:00 horas tomaron saída os 24 participantes desta edición do Campionato Provincial de Caza Menor que, sen lugar a dúbidas, estivo marcado pola abundancia de pezas de caza menor avistadas e abatidas polos cazadores.

Unha vez que tódolos concursantes fixeran a entrada no control dentro do horario previsto e analizadas as pezas abatidas, o Xurado de Competición deu a coñecer a clasificación final, quedando do seguinte xeito: O Campión Provincial da especialidade foi Ruben Boquete Varela con 2 perdices e 1 faisán que lle reportaron un total de 1.220 puntos. Con 1.020 puntos por 2 perdices abatidas situouse José Ramón Romero Castro e xa no terceiro caixón clasificouse Antonio Oliveira Pego con 710 puntos obtidos con  1 perdiz e 1 agacha.

A estes tres primeiros clasificados acompañaranos José Manuel Romero Castro, Artemio Formoso Barro e José Manuel Torres Cebey no vindeiro Campionato Galego de Caza Menor con Can que se disputará o día 19 deste mes en Tordoia (A Coruña).