XUNTANZA SOCIEDADES
Presidentes das Sociedades de Caza da Comarca do Barbanza analizan diferentes puntos relacionados coa caza do xabaril
7/11/2011

Na reunión interviron máis dunha vintena de presidentes e directivos de Sociedades de Caza da comarca

O pasado venres 28 de outubro tivo lugar unha xuntanza na que interviron os presidentes e directivos de tódalas Sociedades de Caza da Comarca do Barbanza, o Xefe do Distrito de Medio Ambiente e o presidente da Federación Provincial de Caza de A Coruña Manuel Saa acompañado dos directivos Pedro Nieto e Emilio Vila. Entre os asistentes tamén se atopaba, en calidade de presidente da Sociedade de Caza de Rois, Ramón Rodríguez Cobas, actual Secretario Xeral da FGC.

Baixo un ambiente de amizade e cordialidade a cea-xuntanza foi un foro de debate e de intercambio de opinións que versaron sobre os diferentes puntos do Regulamento de Caza en referencia a caza maior e en especial a caza do xabaril, deberes e obrigas a hora de realizar ganchos e batidas ao suido.