RAPOSO LUGO
O equipo "Os Rápidos" adxudícase o provincial en Pol
16/1/2012

Un total de 18 equipos participaron neste campionato provincial

O pasado 14 de xaneiro, tivo lugar no concello lucense de Pol o Campionato Provincial de Lugo de Caza de Raposo organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo coa colaboración das Sociedades de Cazadores O Moucho, Amigos da Natureza e Hermunde.

A proba transcorreu baixo unhas moi boas condicións climáticas, feito este que favoreceu os numerosos avistamentos dos raposos por parte das 18 cuadrillas participantes nesta proba provincial.

Foi o equipo de Os Rápidos o que se upou o primeiro posto cun total de 2.000 puntos. Con peor fortuna no sorteo seguiuno o equipo de Os Fogueteiros que tamén con 2.000 puntos acadaron o segundo posto. Completou o podio a cuadrilla Parrillada Antonio con 1.500 puntos.

Estes tres primeiros equipos representarán a provincia de Lugo no vindeiro campionato autonómico da modalidade.