RAPOSO OURENSE
A cuadrilla "Los Hombres de Paco" foron os gaƱadores en Xinzo
16/1/2012

Un total de 7 equipos participaron neste campionato provincial

O pasado 14 de xaneiro, tivo lugar no concello ourensán de Xinzo de Limia o Campionato Provincial de Caza de Raposo organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense coa colaboración da Sociedade de Cazadores Xinzo de Limia.

A proba estivo moi entretida xa que tódolos equipos participantes conseguiron avistar raposos e disfrutar dunha boa xornada de caza.
Foi o equipo de Los Hombres de Paco o que se upou claramente co primeiro posto cun total de 2.500 puntos. Para saber os seguintes postos, precisouse recorrer a sorte e esta fixo que Xinzo 1 obtivera o subcampionato e Lamela o terceiro posto, ámbolos dous equipos con 1.000 puntos.

Os dous primeiros equipos clasificados representarán a provincia de Ourense no vindeiro campionato autonómico da modalidade.