CAZA RAPOSO |
O equipo "A Xesteira" foi o gañador da proba de Sarria |
31/1/2012 |
Proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade O pasado sábado día 28 de xaneiro disputouse en Sarria – Incio (Lugo) un Campionato de Caza de Raposo nos Tecores das Sociedades de Cazadores de Incio, Sarema, Nosa Señora de Villamayor e A Xesteira. A esta proba puntuable para a Copa Galicia acudiron un total de 12 equipos que tomaron a saída as 8:30 horas para os cazadeiros asinados por sorteo. Unha vez rematadas as horas de competición marcadas pola organización e feita a entrada en control por tódalas cuadrillas participantes, tivo lugar un sorteo para decidir a clasificación final. Foi o equipo local de A Xesteira o que acadou o primeiro posto con 1.000 puntos. O mesmo número de puntos obtiveron o equipo Os D´Golpe e Parrillada Antonio que se situaron en segunda e terceira posición, respectivamente. |