XUNTANZA NA FGC
Reúnense na FGC responsables federativos con membros do Seprona e responsables da Administración en asuntos cinexéticos
13/2/2012

O pasado martes, unha comisión da FGC, formada polo Presidente, Javier Nogueira, polo Presidente Provincial da Coruña, Manuel Saa, e polo Secretario Xeral da FGC, Ramón Rodríguez, reuníanse, na sede da Federación Galega de Caza, en Santiago de Compostela, cos responsables do Servizo de Protecci&´n da Natureza na Coruña e da demarcación de Noia, así como co Capitán da Compañía da Garda Civil en Noia, e co Xefe do Servizo de Caza da Consellería de Medio Ambiente.

Durante a xuntanza debateuse sobre diversos puntos da actualidade cinexética, centrándose principalmente nas inquedanzas amosadas polos cazadores de caza maior, e máis concretamente polos cazadores das bisbarras de Noia, Muros, Barbanza, Sar e Xallas.

Os responsables da FGC saíron da xuntanza cunha boa impresión, e sinalaron a actitude positiva amosada polos representantes do Seprona para a resolución dos problemas xurdidos nas bisbarras sinaladas no parágrafo anterior.

Asemade, acadouse o compromiso de realizar, antes de comeza-la próxima tempada, reunións informativas nas catro provincias así como unha xuntanza a nivel autonómico para trazar liñas estratéxicas.´´