NOVA LEI DE CAZA
A Federación ultima as alegacións ao anteproxecto da nova Lei de Caza
16/2/2012

O presidente da FGC, Javier Nogueira, mantivo onte  reunións con diferentes colectivos que fixeron chegar as súas alegacións á Federación

En plena voráxine administrativa atópase estes días a Federación Galega de Caza para ultimar o paquete de alegacións ao anteproxecto da nova Lei de Caza de Galicia. Hai que lembrar que o período de exposición pública e a presentación de posibles alegacións de dito anteproxecto rematará o vindeiro día 7 de marzo.

Escoitar a todos aqueles colectivos de cazadores e sociedades de caza, así como á administración, é un dos feitos que esta levando acabo a FGC a través de diferentes xuntanzas mantidas polo presidente, Javier Nogueira, con ditos colectivos e representantes.

Todo elo nun momento clave para a actividade cinexética e co fin de sacar adiante unha nova Lei de Caza que se faga eco da voz dos cazadores galegos e da realidade e necesidade da caza en Galicia.