LEI CAZA E MEDIOS
Xuntanzas coa Consellería de Medio Ambiente e coa Directora da Televisión de Galicia
15/3/2011

Unha representación da FGC, encabezada polo presidente, Javier Nogueira, acompañado dos Presidentes Provinciais de Pontevedra e Ourense, Juan Angel Alonso e José Luis Leites, así como do Vicepresidente, José Luis Valcárcel, e do Secretario e Tesoureiro, Ramón Rodríguez e Manuel Pérez, respectivamente, reuníanse durante a mañá do pasado mércores, co Xefe do Servizo de Caza da Consellería de Medio Ambiente, Jesús Marquina, para matiza-las alegacións presentadas polo ente federativo o pasado día 7 de marzo ao anteproxecto da Lei de Caza de Galicia. Tras un intenso debate as partes emprazáronse a unha nova xuntanza que se celebrará próximamente.

A última hora da mañá, unha comisión formada polo Presidente, Secretario e Tesoureiro, achegábanse á sede da Televisión de Galicia en San Marcos, para reunirse coa Directora Xerente, Rosa Vilas, á que lle entregaron un dossier explicativo da actividade que realiza a FGC, así como o palmarés dos deportistas cinexéticos, que na pasada tempada acadaban 29 títulos a nivel nacional e internacional, e pedíanlle a súa mediación para que a TVG se fixera eco tamén deste deporte, que abrangue moitísima información ao longo de todo o ano. Os federativos sairon do ente televisivo co compromiso da Directora de contribuir para dar a coñecer á sociedade galega a actividade deportiva da caza e a súa influencia económica e social.