RASTRO DE XABARIL
Convocados os xuíces de rastro de xabaril para unha xuntanza de reciclaxe
21/3/2012

Por mor do inminente comezo da tempada de competicións, os órganos da Federación comezan a configurar as pautas de organización deste novo ano.

Unha das modalidades máis madrugadoras da tempada é a de Rastro de Xabaril, que en poucos meses estará en pleno auxe, polo que o Comité de Competicións da FGC decidiu convocar a tódolos xuíces desta disciplina a unha reunión de reciclaxe e posta ao día para o vindeiro sábado 31 de marzo ás 9.30h da mañá na sede federativa en Santiago de Compostela.

Tódolos xuíces desta modalidade interesados en asistir só terán que confirmar a sua presenza antes do venres 30 de marzo.